ESTADO DE CONSERVACIÓN
ARTESOADO
A) Estructura
Dados os efectos da auga en tempos pasados provocou combamentos en algunhas pezas do artesoado e ataque de xilófagos en algunhas pezas. O debilitamento dos ensambles das estrelas produxo que algunhas se perderan. Os movementos e o secado da madeira causaron aberturas entre as táboas que conforman o artesoado.
B) Policromía
A policromía orixinal con importantes danos encontrábase oculta baixo tres capas de pintura aplicadas en diferentes momentos históricos.
RETABLO
A) Estructura
A estructura adolece de intensivos pero puntuais ataques de xilófagos favorecidos por antigas entradas de auga e cúmulos de suciedade, o que provocou que os elementos atacados teñan extrema debilidade estructural. Por outro lado, ten elementos movidos por perda e debilidade das ancoraxes.
B) Policromía e dourados
Os dourados tiñan unha grande cantidade de suciedade o que opacou os dourados mateando os brillos. En relación aos policromados aplicados nas columnas e fondos tiñan uns vernices aplicados nunha grosa capa que pasado o tempo volveuse de cor parda desvirtuando as cores orixinais.
RELIQUIAS
A) Soporte
Moitas das reliquias teñen ataques intensivos de xilófagos na madeira, atravesando tamén a policromía, fácilmente detectable pola cantidade de aserrín xerado pola acción destes insectos e polos buratiños que fan na súa saída hacia o exterior. Os osos que conteñen algunhas das reliquias están moi fracturados e con gran cantidade de pó.

B) Policromía e dourados
A suciedade sobre a policromía e dourados ten importantes concrecións de suciedade cuxa natureza é de pó e grasas procedentes do emprego das velas o que xenerou debilidade das policromías en forma de levantamentos e perdas e afección de auga o que fixo que ablandara e dexenerara as policromías, tanto a cor como a preparación.
Comentarios
Publicar un comentario