INFORMACIÓN HISTÓRICA E ARTÍSTICA
COLEXIO DA NOSA SEÑORA DA ANTIGA DE MONFORTE DE LEMOS (LUGO)
A grande cantidade de nomes do colexio da Nosa Señora
da Antiga xa nos está a indicar a importancia e o devir histórico do edificio
que cultural e artísticamente destaca por o desenrolo do Renacemento en Galicia
como segundo foco artístico distinto ao compostelá introducindo as formas
clasicistas na comunidade galega, clave para comprender a vila de Monforte e o
papel da Casa de Lemos e como exemplo da importancia do mecenazgo eclesiástico
na España do século XVI e o seu proceso educativo de máns dos xesuitas como
arma contrarreformista.
As obras comenzaron en 1593 por iniciativa do mecenas
e cardeal de Sevilla Rodrigo de Castro (1523-1600), fillo da terceira condesa
de Lemos, Beatriz de Castro. Consagrada a igrexa en 1619, con cambios no
trazado da fachada principal e sen rematar partes importantes da ala docente,
da casa dos xesuitas e a metade do claustro grande. Ademáis dos cambios
constructivos, destacar o terremoto de Lisboa de 1755 do que quedan pegadas
visibles na igrexa. Entre outros acontecementos destacar a expulsión dos
xesuitas en 1767, o saqueo das tropas francesas en 1809, o gran incendio de
1824 e a chegada dos Escolapios en 1873 encontrándose moi deteriorado a
edificación. Engadíndose outras vicisitudes histórico-artísticas importantes
como a venda do cuadro A adoracións dos Reis de Hugo Van der Goes, para poder
acometer as obras necesarias de construcción e reparación de partes da
edificación.
O colexio partiría dun esquema simétrico, posteriormente
cambiado. Como eixe do esquema está a igrexa, o lado dereito para a comunidade
xesuita e o lado esquerdo como zona docente e dous claustros un máis grande que
o outro.
A fachada principal mide 106 m altura e 110 de
lonxitude e é a única constituida en pedra de granito (as outras son de
mampostería con cantería só nos esquinais, cornisas e ocos). No centro da
fachada principal do colexio temos a fachada da igrexa de silueta viñolesca das
igrexas xesuíticas dividida en tres rúas e dous pisos. As exteriores con
sillería de almodillado de inglete e no centro a portada.
A igrexa de cruz latina de tipo xesuítica con brazo do
cruceiro contido no ancho das naves. Na intersección entre a nave principal e o
cruceiro álzase unha cúpula trasdosada, a única en Galicia con todos os seus
elementos. Aos lados da nave principal ten sendas naves con capelas
intercomunicadas, a excepción da das reliquias e a xemelga que está enfrente
que se manteñen pechadas. A capela da reliquias tapiada hacia a súa máis
próxima (ten unha porta na capela contigua pero está tapiada polo interior) e
aberta a través de reixas hacia a nave principal e a de enfrente pechada con
porta que se abre con chave hacia a capela próxima e con portas que non abren
hacia a nave. O interior das naves son de cantería a excepción dos muros e
bóvedas das capelas laterais.
A igrexa non está orientada no eixe este-oeste senón
que a cabeceira está orientada hacia o N.O., condicionante debido posiblemente
para facer o gran espazo aberto frontal e dirixir os desgües hacia o río.
A capela das reliquias, composta polo retablo cos seus
relicarios (aínda que non están todos os que eran) e o teito de madeira dentro
dun espazo da igrexa asignado polos herdeiros de Don Rodrigo de Castro, formando
unha unidade iconográfica, arquitectónica e estilística.
CAPELA DAS RELIQUIAS
Obra destacable polo seu interese antropolóxico,
histórico e artístico. Peza fundamental no ideario de Don Rodrigo de Castro.
Polo seu testamento sábese que tiña 72 relicarios (xusto antes da invasión dos
franceses en tres razias, tendo Monforte unha situación estratéxica no
territorio galego durante a Guerra da Independencia, fíxose un inventario dos
bens que se conserva no colexio). De eles quedan 23 relicarios (4 son fanais) e
2 esculturas no retablo da capela das reliquias. En toda a bibliografía
destácanse o Lignum Crucis e a Santa Espiña, sendo en tempos pasados moi
veneradas a través da Confraría das Sagradas Reliquias cuxa orixe remóntase ao
tempo dos xesuitas, hoxe xa desaparecida. Pola importancia destas dúas
reliquias, non se encontran na capela das reliquias senón que resguardadas
noutra parte do colexio.
A producción do retablo-relicario foi común en
Florencia e Roma durante a 1ª ½ do século XVII. Este tipo de retablo pode ter
forma de armario indo dividido en banco con varios corpos e encasamentos para
as reliquias (osos, teas, etc.) que van metidas nas tecas dos relicarios de
diferentes formatos. En Nápoles en 1600 orixinouse un busto-relicario tipo
sobre peana no que non se sabe a influencia que tivo a clientela española, no
que tivo moito éxito a aplicación de prata pulverizada con aglutinante resinoso
sobre unha preparación de betún e negro de fume, imitando os metais preciosos.
No caso que nos ocupa as imaxes teñen un policromado enriba dun prateado.
Exemplo de este tipo de dobre policromado o temos nos relicarios da Colexiata
de Borxa (Zaragoza) que foron feitos en Nápoles, sendo a partir do 1608 que se
pasa nalgúns talleres napolitanos ás encarnacións realistas e ao abandono dos
modelos en prata. A función destes
obxetos era a de custodiar e expoñer as reliquias de santos ás que lle
adxudican poderes sobrenaturais e exemplarizantes. No Concilio de Trento
(1559-1565) poténciase o culto ás reliquias como reafirmación do dogma da
Comunión dos Santos contra as ideas protestantes. Un dos privilexios máis
preciados era conseguir o permiso papal para exhumar os restos de santos das
catacumbas romanas, despois de ser redescubertas en 1578. Felipe II (1527-1598)
dedicouse de forma obsesiva a coleccionar reliquias entre 1572 a 1591, facendo
campañas de delegacións de nobres e clérigos na busca de reliquias en Flandes,
Italia e Alemaña (relacionadas cas súas reformas administrativas dando orixe ao
Camino Español con conexión entre España, Países Baixos e Italia a
través de Alemaña) como tamén o fixo o Cardeal Rodrigo de Castro. A presenza de
este tipo de obxetos son frecuentes en igrexas xesuíticas, estando en pequenas
capelas que indican o seu uso de oratorio privado.
3.-DESCRIPCIÓN: RETABLO DAS RELIQUIAS
A estructura visible do retablo de madeira
dourada e policromada ábrese en forma de tríptico rematado nun cascarón,
imaxinamos con caixas e espigos nas columnas e cravos de forxa visibles por
onde reventaron a policromía ca oxidación. Divídese en:
-sotabanco con mesado de altar e dous casetóns a os
lados, o do interior policromado liso e, o do exterior con relieve e o anagrama
da Virxe e de Cristo. O mesado é moderno, entre fin XIX-pri.XX, xa que perdeu o
orixinal. Ten a tapa de madeira de piñeiro levando no medio a ara de pedra con
reliquia e o frontal é idéntico ao frontal dos retablos da cabeceira Nª Sra.
das Escolas Pías e Xosé de Calasanz;
-banco o predela dividido seguindo a estructura
superior formado como pequenas vitrinas para acoller os relicarios;
-primer corpo de tres rúas. O espazo central con dúas
pilastras que sostén a cuberta da fornela partida en cinco partes que forman
enxutas con remate exterior. Ten varios relicarios e unha cruz. O relicario
central (onde estiveron ubicadas o lignum crucis e a santa espiña) e as peanas
das reliquias son máis modernos que o resto dos elementos. As fornelas
laterais, flanqueadas por sendas columnas salomónicas con uvas e follas de
parra e rematadas en arco, tamén acollen reliquias. As fornelas aparecen
partidas en dúas partes superior e inferior para acoller os relicarios ou
esculturas;
-entablamento e cornisa rematadas no centro nunhas
formas vexetais en círculo collidos por dous anxos espidos.
-remate en cascarón formado por 8 pezas triangulares
con decoración frutal e vexetal que se unen no centro nunha gran flor.
-gardapós nos laterais con talla floral e vexetal.
Foi posible acceder a estructura invisible ou traseira do retablo a través da desmontaxe de dous pequenas fornelas no banco do retablo. Desta forma pódese visualizar a construcción e ancoraxes á parede. Básicamente a construcción está realizada en madeira de piñeiro de e madeira de castiñeiro e cravos de forxa. Co acceso a esta parte oculta tamén foi posible observar o muro de tabiquería barroca construido con pedra tomada con barro en divisións de madeira de piñeiro.
A policromía do retablo consiste en dourados e
policromados. O dourado está aplicado sobre un aparello tradicional de
preparación branca e embolado siena tostado nos elementos a destacar como son cornisas,
capiteis, relevos, peanas, e remates. As douraduras fixéronse ao mixtión
empregando aceite de liñaza ainda que á vista parece dourado á auga e que se
encontra sen verniz. Os policromados son en tons azuis ou roxos facendo augadas
nos fondos das columnas, cascarón, entablamento e cornisas, mentras que a
policromía dos fondos das fornelas son feitas con motivos florais. Estes
temples están protexidos por goma laca moi oxidada.
RELICARIOS E OUTRAS PEZAS EXENTAS
Os relicarios son elementos que serven para manter a as reliquias de santos metidas nas tecas. As que temos na igrexa do Colexio do Cardeal teñen unhas medidas que van dende 0,60-0,30 cm. alto x 0,40-0,14 cm. de ancho. As pezas que serven de relicarios son pezas artísticas en madeira con dourados e esgrafiados na roupa e prata con repolicromado ao óleo nas carnacións. Algunhas teñen escrito o nome do santo a quen pertence a reliquia.. Os relicarios son: S. Antero, Sta. Experancia, santo?, santa?, san Coelestinus, Sta. Marcelina, S. Pío, S. Maximus, S. Petre, S. Paule, brazo de?, S. Vitalis, Sta. Laureana, S. Inocente, brazo de?, brazo de S. Marcelino, Sta. Flavia, S. Gereón que a bibliografía o relaciona co de S. Donato do Convento de as clarisas en Monforte vinculado aos bustos contratados aos artistas napolitanos Pietro Quatraro e Giovan Battista Ortega. Fanais de: S. Lino mártir, S. Prudencio mártir, S. Antero con osos, S. Antero con téxtil. Imaxe: Neno Xesús. Na fornela central temos un armario-relicario estilísticamente máis moderno que o resto do retablo onde ate o 2000 gardábase as reliquias do Lignum crucis e a Santa Espiña. As tipoloxías dos relicarios artísticos son torsos de santos, brazos e reliquias conservadas en fanais.
ARTESONADO
A capela das reliquias cúbrese completamente cun teito
formado por pezas de madeira (95 aproximadamente) delgadas, de diferente
tamaño e tachonadas con estrelas talladas e douradas. O centro o preside un escudo tallado con elementos vexetais que rodea o que parece ser a parte principal dun ostensorio co monograma de Cristo IHS. Monograma que foi adoptado como selo da Compañía de Xesús por Ignacio de Loyola.
Pola traseira esas tablas van cravadas a unha estrutura curva (estructura oculta) que descansa en durmintes e que é onde van cravadas as tablillas (estructura vista).
A policromía que tivemos á vista ate á restauración, é un repinte branco que oculta outros dous repolicromados azuis con purpurinas nas estrelas. A policromía orixinal do artesoado é azul con estrelas douradas.