INTERVENCIÓN E TRATAMENTO


ARTESONADO

A) Estructura

Foi posible de forma sinxela desmontar unha táboa do artesoado e poder visualizar unha parte non visible deste tipo de estructuras. 


Fotografía panorámica da traseira do artesonado

B) Policromía

O proceso de eliminación dos repintes foi moi laboriosa e lenta no que foi fundamental a ventilación e o emprego de EPIS (equipo de protección individual: máscaras de disolventes, guantes e gafas) xa que se empregaban disolventes de baixa toxicidade pero non incuos. 

                                                 

RETABLO

A) Estructura

A través de elementos que foron desmontados, foi posible acceder a traseira do retablo e desta forma ver o estado de conservación do retablo pola parte non visible e realizar tamén o tratamento de conservación: recollida de escombro e suciedade, aspirado, desinsectado (emprego de productos frente ao ataque de xilófagos ou insectos comedores de madeira). 



 



B) Policromía

As policromías no retablo van dende carnacións oleosas, temples vernizados localizados nos fondos das fornelas e dourados sen vernizar. Cada tipo de policromía ten uns compoñentes (pigmentos e aglutinates) moi diferentes con suciedades que poden ser da mesma natureza ou diferentes. Todos estas características fan que as limpezas e eliminación de vernices se fagan con técnicas e productos diferentes. Os disolventes empregados foron: auga desionizada, alcoholes e cetonas. 


                
                                                    

RELICARIOS E ESCULTURAS

A) Estructura

A estructura das pezas escultóricas (relicarios e esculturas) adolecían de ataques de xilófagos ntensivos e xeralizados nas estructuras pero sin chegar a perigar a estructura. Por outro lado perderon elementos certos elementos significativos, como por exemplo falanxes das maos. O procedemento realizado foi a limpeza e desinsectación mediante embolsado das pezas controlando a efectividade dos traballos. Certos elementos puntuais se tiveron que consolidar con resina acrílica. 

                                                                            

B) Policromía

Nas policromías temos que distinguir o diferente tratamento das carncións oleosas frente ao procedemento sobre os dourados, así como o tratamento empregado para a eliminación de repintes (policromías sobre outras policromías). A eliminación de policromías superpostas levaráse a cabo ou non tras un análise crítico da policromía orixinal e o repinte: materiais, caracterísitcas, estado de conservación, datacións, calidades, e capacidades técnicas para a eliminación do repinte.





A parte esquerda é un repinte aplicado sobre o orixinal á dereita. Neste caso aplicouse polo mal estado de conservación da policromía orixinal. O repinte eliminouse dada a escasa calidade do mesmo e que modificaba a expresión das faccións orixinais, que aínda con importantes faltantes dunha calidade moi boa. 







Comentarios

Publicacións populares deste blog

ANTES E DESPOIS DAS INTERVENCIÓNS