Denominación do ben : Capela do Retablo das Reliquias.

Datación: finais do século XVII

Ubicación: na última capela da nave da igrexa do colexio da Nosa Señora da Antiga (tamén chamado colexio do Cardeal, colexio de Monforte, colexio da Compañía, colexio dos pais Escolapios, colexio de S. José Calasanz, convento da Compañía, convento dos Escolapios, os Escolapios, a Compañía)

Protección: declaración BIC do colexio da Nª Sra. da Antiga de Monforte de Lemos decreto 41/2021 na categoría de monumento por ser unha obra  que constitúe unha unidade singular recoñecible de relevante interese. Histórico xa que se mantivo case inalterable; arquitectónico: ao ser unha peza singular do clasicismo herreriano en Galicia ca influenza do mosteiro do Escorial de Felipe II, e artístico xa que cobixa obras de arte de artistas ampliamente recoñecidos  (Moure, Greco, Andrea do Sarto, Cioli , Juan de Bologna) Valor educativo e social mantido dende a súa fundación por don Rodrigo de Castro ate a actualidade mediante a comunidade dos pais Escolapios e da xente de Monforte. Dentro da declaración BIC na categoría de paisaxe cultural da Ribeira Sacra, resolución do 21 de decembro do 2017. E dentro da declaración BIC na categoría de conxunto histórico de Monforte de Lemos, decreto 187/2005.

Localización: Ao sudoeste de Monforte de Lemos (Lugo) moi perto do río Cabe. Diante do edificio destaca o Campo da Compañía e o resto das fachadas con campos deportivos e unha explanada que sirve de aparcamento de coches da cidade. Coordenadas: ETRS 89 huso UTM 29X: 621.816; Y:4.708.398

Titular: Casa de Escuelas Pías de Monforte (PP. Escolapios)

Localización: Pz. Compañía, 50 27400 Monforte de Lemos (Lugo)









Comentarios

Publicacións populares deste blog

ANTES E DESPOIS DAS INTERVENCIÓNS

INTERVENCIÓN E TRATAMENTO