Publicacións

Mostrando publicacións desta data: maio, 2023

INFORMACIÓN HISTÓRICA E ARTÍSTICA

Imaxe
  COLEXIO DA NOSA SEÑORA DA ANTIGA DE MONFORTE DE LEMOS (LUGO) A grande cantidade de nomes do colexio da Nosa Señora da Antiga xa nos está a indicar a importancia e o devir histórico do edificio que cultural e artísticamente destaca por o desenrolo do Renacemento en Galicia como segundo foco artístico distinto ao compostelá introducindo as formas clasicistas na comunidade galega, clave para comprender a vila de Monforte e o papel da Casa de Lemos e como exemplo da importancia do mecenazgo eclesiástico na España do século XVI e o seu proceso educativo de máns dos xesuitas como arma contrarreformista. As obras comenzaron en 1593 por iniciativa do mecenas e cardeal de Sevilla Rodrigo de Castro (1523-1600), fillo da terceira condesa de Lemos, Beatriz de Castro. Consagrada a igrexa en 1619, con cambios no trazado da fachada principal e sen rematar partes importantes da ala docente, da casa dos xesuitas e a metade do claustro grande. Ademáis dos cambios constructivos, destacar o terremoto
Imaxe
    Denominación do ben  : Capela do Retablo das Reliquias. Datación : finais do século XVII Ubicación : na última capela da nave da igrexa do colexio da Nosa Señora da Antiga (tamén chamado colexio do Cardeal, colexio de Monforte, colexio da Compañía, colexio dos pais Escolapios, colexio de S. José Calasanz, convento da Compañía, convento dos Escolapios, os Escolapios, a Compañía) Protección : declaración BIC do colexio da Nª Sra. da Antiga de Monforte de Lemos decreto 41/2021 na categoría de monumento por ser unha obra  que constitúe unha unidade singular recoñecible de relevante interese. Histórico xa que se mantivo case inalterable; arquitectónico: ao ser unha peza singular do clasicismo herreriano en Galicia ca influenza do mosteiro do Escorial de Felipe II, e artístico xa que cobixa obras de arte de artistas ampliamente recoñecidos  (Moure, Greco, Andrea do Sarto, Cioli , Juan de Bologna) Valor educativo e social mantido dende a súa fundación por don Rodrigo de Castro ate a